Cortes de tráfico na estrada entre Xove e o Portiño de Morás por obras de asfaltado

A estrada provincial LU-P-2601, que comunica Xove co Portiño de Morás, permanecerá cortada ao tráfico en varios treitos desde o martes 13 ata o venres 16 de outubro, ambos os días incluídos, debido ao inicio dos traballos de aglomerado en quente.

Os cortes afectarán ao tramo comprendido entre o punto quilométrico 2,800 e o final da vía, onde se desenvolverán as actuacións de mellora do firme.

Para facilitar a circulación durante a execución das obras, habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.

Recoméndase ás persoas usuarias desta estrada que extremen a precaución e que planifiquen os seus desprazamentos tendo en conta as restricións de tráfico previstas durante estes catro días.

Foto: arquivo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com