Fontiñas contará cunha nova área de xogos infantís inspirada na Muralla de Lugo

O Concello de Lugo iniciou os trámites para crear unha nova área de xogos infantís na praza do Camiño Primitivo, no barrio de Fontiñas, concretamente na contorna do monólito que sinaliza o quilómetro 100 do Camiño de Santiago.

A proposta prevé habilitar un espazo de aproximadamente 224 metros cadrados, cun elemento multixogo inspirado na Muralla Romana de Lugo. O deseño incorporará referencias aos lenzos, cubos e arcos do monumento, con diferentes opcións de xogo para os nenos e nenas. Tamén está prevista a instalación dun peche perimetral de seguridade.

A intervención precisa da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, ao estar situada dentro da delimitación do Camiño de Santiago. Para iso, o Concello xa presentou a solicitude correspondente, acompañada dunha memoria técnica elaborada polo Servizo de Parques e Xardíns.

A actuación enmárcase nas previsións municipais para mellorar os espazos públicos do barrio de Fontiñas. Polo momento, o proxecto atópase na fase inicial de tramitación, á espera da autorización patrimonial necesaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com