Comunicado do Concello de Lugo sobre o convenio uso instalacións deportivas fóra horario lectivo

Ante o intento de manipulación e confusión que o ex concelleiro de Deportes pretende trasladar á cidadanía, o Goberno de Lugo quere aclarar:

 

  1. O Concello de Lugo chegou a un acordo coa Consellería de Educación para posibilitar o uso das instalacións deportivas dos centros educativos fóra do horario lectivo.
  2. O acordo asínase directamente coa Consellería de Educación, non coa FEGAMP, tal e como intenta facer crer o Grupo Socialista.
  3. Trátase dun acordo bilateral entre ambas administracións que recolle os mesmos termos e condicións que no seu día se negociaran no marco do convenio coa FEGAMP, adaptándose á situación administrativa actual e dentro das competencias de cada unha das partes.
  4. O texto foi validado pola propia Consellería de Educación e tamén aprobado pola Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo.

Este convenio permitirá que os clubs deportivos da cidade poidan facer uso das instalacións deportivas dos institutos, ampliando os espazos dispoñibles para os adestramentos e a práctica deportiva.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com