Racismo

Hai lugares preto de nós que poñen a proba a paciencia dos veciños, pola incidencia na vida diaria da actividade de establecementos, pola afluencia de persoas, ou a repercusión exterior do entusiasmo interior.
Por casualidade, un xoves de xuño, fun testemuña dunha escea lamentable ás portas dun establecemento do cruce de Camiño Real con Tui, concorrido lugar onde é doado ver á policía intervindo ou observando.
A miña vista non me permite percibir detalles a distancia, pero si para – a uns trinta metros – ver que dúas persoas discutían á porta do establecemento, en voz alta pero non máis elevada nin agresiva ca os razonamentos exaltados derivados da actualidade do Mundial de fútbol.
De repente sonou unba bofetada sonora, explosiva, que un dos contendentes – raza branca – lle propinou a outro, que me pareceu máis novo, de raza negra, que só atinou a exclamar: “Porque son negro, claro…!”.
Produciume tral tristeza a situación que, tantos dias despois, sentín a necesidade de expresar aquela frustración para compartila, e considerar a realidade que se pon de manifesto de improviso,  accidentalmente, en escenario de por si complexo, na que o espectador non debe, non pode, ou non ousa intervir.
O racismo ten cambiado radicalmente nos novos tempos deste país, tense aceptado plenamente a diferencia interracial,  aínda que falte – como en outras moitas cousas – moito camiño por andar. Pero entendo que en casos así, se hai un compoñente racista, o que máis duramente se manifesta é a diferencia social e económica (poder, en fin), manifestada en matonismo pola parte alta, e pura supervivencia pola máis feble.

 

Xulio Xiz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com