Continúa a programación de Muralleando e Cine na Rúa

As propostas culturais que ofrece A Concellaría de Cultura para este venres e o bado so: con música en directo na Praza Maior e cinema gratuíto baixo as estrelas no rural.

O venres 17 de xullo, Rholben no templete da Praza Maior ás 20:30, formación que acerca ao público o folk tradicional de corte galés.

bado 18, no mesmo espazo, e ás 20:30, cambio de rexistro coa enerxía de Flora, grupo emerxente de metal.

Xa pola noite do bado, o protagonismo pasa a Cine na Rúa, que celebra a súa segunda sesión na parroquia de Benade. Ás 22:30, ao aire libre e con entrada de balde, proxectarase Antes de Nós. Un filme que retrata a Castelao deixando a súa praza de funcionario en Pontevedra para exercer de médico en Rianxo durante a gripe española. Retrato dun heroe para o pobo, e un home ausente para a súa muller.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com