O lume, declarado en varios focos, provocou unha columna de fume visible desde distintos puntos da cidade.
Un incendio declarado a primeira hora da tarde no lugar do Carqueixo, na parroquia de Santa María de Bóveda, mobilizou efectivos dos Bombeiros de Lugo e da Consellería do Medio Rural.
O lume iniciouse en varios focos e provocou unha ampla columna de fume, visible desde diferentes zonas da cidade. Nos labores de control participaron medios terrestres, dous helicópteros e dous avións.
Na zona afectada existe un punto de vertedura incontrolada no que se acumulan electrodomésticos, neumáticos e outros refugallos. Polo momento non transcenderon as causas do incendio nin a superficie afectada.






