Dúas persoas resultan feridas tras envorcar un turismo en Xove

Dúas persoas resultaron feridas na mañá deste luns tras envorcar o turismo no que circulaban pola estrada provincial LU-P-2609. Unha delas tivo que ser liberada polos Bombeiros de Viveiro mediante o uso de material de excarceración.

O accidente produciuse pouco despois das 6.30 horas, á altura do quilómetro 2. Segundo informou o 112 Galicia, as primeiras chamadas alertaban da posible presenza de persoas feridas e atrapadas no interior do vehículo.

A central de emerxencias mobilizou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Viveiro e a Garda Civil de Tráfico.

Os bombeiros tiveron que empregar material de excarceración para liberar unha das persoas implicadas no sinistro. Finalmente, os equipos sanitarios desprazados ata o lugar atenderon dous feridos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com