A Deputación inicia en Ourol as obras de mellora da vía que une Bravos e San Pantaleón

A actuación abrangue máis de tres quilómetros da estrada LU-P-3807 e conta cun investimento de preto de 110.000 euros.

A Deputación de Lugo iniciou esta semana no concello de Ourol as obras de acondicionamento dun tramo da estrada provincial LU-P-3807, que comunica as parroquias de Bravos e San Pantaleón pasando por Foxo.

Os traballos desenvolveranse ao longo de algo máis de tres quilómetros, entre os puntos quilométricos 6,510 e 9,543. A intervención inclúe a limpeza e reapertura das cunetas, a reparación dos danos existentes na calzada e a repavimentación do firme.

A institución provincial destina preto de 110.000 euros a esta actuación que axudará a mellorar a seguridade viaria e as condicións de circulación nunha estrada empregada habitualmente pola veciñanza de Ourol.

Estas obras enmárcanse no compromiso da Deputación de Lugo coa conservación e mellora da rede viaria provincial. No que vai de ano, a institución xa executou máis de sete millóns de euros dos 12 millóns consignados no orzamento para o arranxo de estradas.

A este investimento súmanse preto de 1,5 millóns de euros destinados á renovación do Parque Móbil provincial e outros 2,4 millóns para o servizo de roza e limpeza das marxes das estradas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com