Monterroso contratará a elaboración do Plan Municipal de Igualdade

O BNG asegura que o Plan xa fora prosto por eles en febreiro de 2024 e que daquela foi rexeitada polo goberno municipal

O Concello de Monterroso contratou a elaboración do Plan Municipal de Igualdade, unha iniciativa que o Bloque Nacionalista Galego (BNG) asegura ter proposto en febreiro de 2024 e que daquela foi rexeitada polo goberno municipal dos populares.

O BNG de Monterroso valorou positivamente a decisión municipal e o seu portavoz, Brais Vázquez, considera que a contratación supón asumir unha proposta que a formación defendera nun pleno hai máis de dous anos. Segundo lembra o grupo nacionalista, o executivo local cualificara daquela a iniciativa de «demagóxica».

A formación vincula esta decisión coa aprobación do novo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero en 2025. Segundo sinala, a medida 448 contempla a revisión dos criterios de distribución dos fondos destinados aos concellos, tendo en conta factores como a existencia de plans de igualdade aprobados, o investimento municipal nesta materia e as actuacións de prevención e atención ás vítimas das violencias machistas.

O edil nacionalista, considera que a elaboración do plan debe incluír unha análise da situación do municipio e concretar actuacións, recursos e mecanismos de seguimento. Entre os obxectivos que propón figuran avanzar na igualdade entre mulleres e homes, previr as violencias machistas e atender as necesidades específicas das mulleres do rural.

A formación nacionalista reclama, ademais, que o documento se elabore coa participación da veciñanza e do tecido asociativo e que as medidas previstas teñan aplicación efectiva nas políticas municipais.

A contratación do servizo inicia así o proceso de elaboración do plan, cuxo alcance e contido deberán concretarse no documento final.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com