Son de Corda homenaxea as poetas da montaña lucense nun concerto recital n Capela de Sta. María

A Capela de Santa María acollerá o 23 de outubro o espectáculo «As poetas da montaña», con poemas musicados e a participación de sete das autoras.

A Capela de Santa María de Lugo será escenario este venres, 23 de outubro, do concerto recital «As poetas da montaña», unha proposta do cuarteto vocal Son de Corda que rende homenaxe a creadoras contemporáneas vinculadas á montaña lucense a través da música e da poesía.

A formación, integrada por Esperanza Iglesias, Carmen Prendes, Fernando G. Jácome e Antón Castro, estará acompañada ao piano por Raúl Rodríguez. O espectáculo reúne poemas musicados de doce autoras: Eva do Roxo, Andrea Valle, María Reimóndez, Beatriz Dourado, Inés López, Helena Vilar, Branca Novoneyra, Marica Campo, Xiana Arias, Neves Neira, Brenda Mondelo e Olga Novo.

Ademais da interpretación musical, o recital contará coa presenza de sete das poetas participantes, que porán voz aos seus propios textos. Trátase de Inés López, Brenda Mondelo, Andrea Valle, Neves Neira, Eva do Roxo, Beatriz Dourado e Marica Campo.

A iniciativa propón un encontro entre creación literaria e música vocal para dar visibilidade á poesía contemporánea escrita por mulleres con raíces na montaña de Lugo.

A entrada será libre e gratuíta ata completar a capacidade da Capela de Santa María.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com