A poesía e a danza protagonizan en Lugo un acto en defensa dos valores democráticos

A Subdelegación do Goberno en Lugo acolleu este sábado un recital de poesía e danza para reivindicar a liberdade de expresión e achegar á cidadanía, especialmente á mocidade, valores como a igualdade, a tolerancia e o pluralismo. A iniciativa, promovida pola Subdelegación en colaboración co Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en liberdade, reuniu as poetas galegas Olga Novo e Olalla Cociña e unha parella de bailaríns da escola lucense Gravitty.

O acto combinou a lectura de poemas seleccionados polas propias autoras cunha actuación coreográfica, nunha proposta que empregou a literatura e a expresión artística como vías para reflexionar sobre os dereitos e as liberdades democráticas.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, presentou a actividade e convidou as persoas asistentes a dedicar un tempo á escoita e á reflexión colectiva. López destacou a importancia de recoñecer o traballo das xeracións anteriores na conquista dos dereitos dos que goza a sociedade actual.

A responsable da Subdelegación agradeceu a participación das dúas poetas por contribuír, a través da súa obra, a dar visibilidade ás distintas realidades sociais e aos valores asociados á democracia.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com