Rodil defende o incremento das pensións mínimas e non contributivas

A candidata do BNG ao Congreso pola provincia participou na mobilización convocad en defensa do sistema público de pensións e da mellora das prestacións máis baixas.

A candidata do BNG ao Congreso pola provincia de Lugo, Olalla Rodil, participou este xoves na concentración convocada en defensa dunhas pensións públicas dignas. Durante a mobilización, trasladou as propostas da formación nacionalista para reforzar o sistema público e mellorar as prestacións, con especial atención ás pensións mínimas e non contributivas.

Rodil sinalou que a provincia de Lugo é onde se atopan as contías máis baixas nas pensións, polo que considerou necesario avanzar na mellora das prestacións para garantir uns ingresos suficientes ás persoas xubiladas e pensionistas.

A candidata defendeu o mantemento do sistema público de pensións e advertiu das consecuencias que, ao seu xuízo, poderían ter as propostas do Partido Popular e Vox nesta materia.

A representante nacionalista tamén relacionou a situación das persoas pensionistas co incremento do custo da vida e reclamou que as prestacións permitan afrontar os gastos cotiáns con garantías.

A mobilización enmárcase nas reivindicacións do colectivo de persoas xubiladas e pensionistas pola defensa das pensións públicas e a mellora das contías máis baixas. O BNG aproveitou a convocatoria para reiterar as súas propostas neste ámbito, especialmente no que afecta ás persoas conmáis baixas pensións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com