O Concello de Lugo pechará mañá, martes, entre as 10:00 e as 12:00 horas, varias chaves da rede de abastecemento de auga na contorna da avenida da Coruña, como paso previo aos traballos programados para o día seguinte.
A intervención ten como obxectivo preparar a actuación do mércores e reducir, na medida do posible, o número de rúas que se verán afectadas pola interrupción do subministro.
Segundo a información municipal, o corte de auga previsto para o mércores comezará ás 8:00 horas e afectará a avenida da Coruña e ás zonas próximas. A interrupción poderá prolongarse durante un máximo estimado de 12 horas.
Ante esta situación, recoméndase á veciñanza das áreas afectadas que adopte as precaucións necesarias e dispoña dunha reserva de auga para atender as necesidades básicas durante o tempo que duren os traballos.
O Concello agradece a colaboración cidadá e lembra que as actuacións forman parte das tarefas previstas na rede municipal de abastecemento.






