A Pobra de San Xiao acolle mañá a I Festa da Troita do Neira

O Goberno do PSOE de Láncara organiza mañá, venres 14 de agosto, a I Festa- Degustación da Troita do Neira. Será a primeira xornada desta pioneira cita, impulsada polo hoxe Alcalde en funcións, Pablo Rivera Capón, e terá lugar na Pobra de San Xiao.

A segunda xornada deste festexo desenvolverase o venres 4 de setembro en Láncara, Armea, Muro, Vilaleo, Reboleira e Cedrón. Deste xeito, o Executivo socialista lancarés leva esta festa por todo o Concello para que nela participen a totalidade de establecementos hostaleiros do municipio, que ofrecerán degustacións gratis de troita.

Será Rivera Capón quen a primeira hora do venres se encargará de repartir, persoalmente, uns 225 quilos de troitas entre os 7 establecementos da Pobra de San Xiao. Todo isto, para que a partires das 18:30 horas comecen as degustacións gratuítas, así como as charangas polas rúas da localidade. A xornada prolongarase durante todo o día, pois ás 12:00 horas comezará o espectáculo de queimada.

O tamén Tenente de Alcalde e Concelleiro de Relacións Institucionais explicou que “organizamos esta festa, coa colaboración dos hostaleiros, cun dobre obxectivo: contribuír ao impulso dos negocios hostaleiros, xerándolles novos beneficios; e promocionar os recursos de Láncara para atraer máis xente ao noso Concello, potenciando deste xeito a economía local”.

As xestións de Rivera Capón para promocionar o Concello de Láncara comezan a dar os seus froitos, pois a I Festa-Degustación da Troita do Neira contará coa visita de Alcaldes de Concellos da zona sur de Francia, que se interesaron por coñecer o municipio. Por este motivo, o tamén Tenente de Alcalde convidou a estes Rexedores a participar neste festexo e visitar os atractivos do municipio lancarés. Haberá unha recepción oficial aos mesmos ás 13:00 horas no Consistorio de Láncara.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com