A alcaldesa comparecerá ante o pleno para explicar os avances nas liñas de buses

A cidade de Lugo podería este mércores activos os novos orzamentos. Mañá terá lugar no Concello a sesión plenaria extraordinaria na que se aprobará de maneira definitiva os plan presupostario presentado polo goberno local para este 2018. A rexedora da cidade asegurou esta mañá que, probablemente, o mércores xa se publique no Boletín Oficial da Provincia co que o Concello podería comezar a levar a cabo todas as súas propostas. Ademáis, neste pleno extraordinario está prevista a comparecencia da alcaldesa, solicitada polo BNG, para que dea conta de “por que ten secuestrada a información das novas liñas de buses”, segundo afirmou Rubén Arroxo quen sinalou “o feito de que non se explique a situación do contrato, das novas liñas nin se fale sobre o cumprimento dos compromisos da empresa, nin se coñeza cales van ser os novos servizos ofertados, xera unha inevitable desconfianza”.

Arroxo afirmou que “a alcaldesa ten a oportunidade explicar no pleno para que as veciñas e veciños saiban cal é o servizo de bus que este goberno lle vai dar a Lugo”.

O BNG-AA presentou, en numerosas ocasións, iniciativas en pleno e comisión para que o goberno comunique como vai quedar definido o servizo público de transporte de pasaxeiros no concello de Lugo pero ate o día de hoxe “os tratos entre a empresa e o goberno municipal continúan sendo segredos”. Xa houbo dous acordos plenarios, en setembro e decembro, para que, nun prazo de 15 días, se dera conta aos grupos da oposición e os acordos non se cumpriron. “O bus non funciona e a alcaldesa mira para outro lado despois de entregar a explotación das liñas sen dar explicación de ningún tipo”, afirmou o nacionalista. O goberno segue sen dar explicacións sobre o novo contrato dos buses e non se sabe nada de como van quedar as liñas de transporte urbano. 

Sen unha reestruturación das liñas os buses urbanos non poden cumprir os horarios e o goberno municipal debería estar traballando neste asunto por que non se sabe en que vai consistir a renovación das liñas. “Ata agora non se tivo en conta a creación dun novo polígono nas Gándaras, nin da existencia do HULA, nin as necesidades de moitas zonas do rural, nin se tivo en conta as suxestións de moitas persoas e colectivos que presentaron propostas nos prazos previos á adxudicación” afirmou o voceiro do BNG-AA. Arroxo explicou que “a ninguén se lle escapa que o actual deseño das liñas é totalmente obsoleto e hai servizos que son absolutamente deficientes”.

Rubén Arroxo explicou que “Na av. da Coruña diante de Frigsa pasan 5 ás horas e media e 3 ás horas en punto que van en fila” o voceiro do BNG propuxo unha revisión destes horarios por que “ben repartidos podería pasar un bus cada 10 minutos” afirmou Arroxo. O voceiro do BNG-AA dixo “o que Lugo precisa é unha aposta seria polo servizo de transporte urbano e unha aposta por unha mobilidade do século XXI”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo