A ANPA do Menéndez Pelayo invita a Lara Méndez a coñecer o curso de robótica

Lara Méndez, visitaba esta tarde ao alumnado do CEIP Menéndez Pelayo, a petición da Asociación de Nais e Pais do centro. A rexedora asistiu a unha das clases do curso de robótica, organizado pola ANPA e que se desenvolve nun local cedido polo Concello, no que participan ao redor dunha vintena de estudantes de entre 9 e 11 anos.

As nenas e nenos, que hoxe estaban a elaborar un deseño da Muralla de Lugo, comprometéronse a realizar un proxecto, de libre elección, para a alcaldesa que lles deu a súa palabra de que volverá a pasar polo colexio para recollelo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com