" />

A anterior directiva do CD Lugo ven de denunciar manipulación na información das súas contas

Segundo un comunicado emitido hoxe polos antigos responsables do club “as informacións que publica hoxe, 18 de setembro,  un medio de comunicación son tendenciosas e ignoran a realidade documental”.

O comunicado continúa “é unha manipulación interesada co obxecto de desprestixiar á anterior xunta directiva, non sabemos con que escuras intencións”. E aclaran que “a información reflexada minte interesadamente ao facilitar as débedas pero non os activos”.

A anterior xunta directiva informa que “na Constitución do Club Deportivo Lugo en S.A.D. de 26 de xuño de 2013, establécese o pasivo “débedas” por importe de 1.635.451,98 euros. Nese mesmo balance, auditado, tamén di que existe un activo non corrente de 521.992,14 euros e un activo corrente de 1.043.966,10 euros”.

En resumo, a información reflectida  publica o pasivo e non a columna do activo, onde se ve que a única diferencia é de 74.834,25 euros de saldo negativo.

E remata “reiteramos a transparencia nas contas auditadas e non entendemos a insistencia en desacreditar a xestión da anterior Xunta Directiva, que se axustou á legalidade segundo poñen de manifesto as diferentes auditorías presentadas nos órganos encargados da súa fiscalización”.

Se quere ver as contas pique abaixo

MX-4101N_20150918_191758

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo