A aprobación de 8 licenzas sumarán un investimento de máis dun millón de euros no Concello

A área de Sostibilidade Urbana daba traslado, esta mañá, á Xunta de Goberno Local dun total de 8 licenzas para diferentes actuacións no termo municipal que, conxuntamente, alcanzan un investimento de 1.032.013 € euros.

As máis significativas son a ampliación da planta destinada a restaurante-cafetería nunha estación de servizo existente no lugar de San Cibrao e a readaptación dun edificio na praza do Campo Castelo.

O executivo validou, igualmente, o cambio de uso de dúas oficinas para apartamentos turísticos nun inmoble da rúa Conde e a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en San Fiz, así como a reforma doutra na rúa Ameneiro, a legalización das obras realizadas noutra da rúa Salmón, alén de dous parcelamentos en Adai e o Ceao.

Na orde do día da sesión de esta semana incluíuse, así mesmo, a declaración de ruína técnica para un conxunto de catro vivendas na calzada das Gándaras – correspondentes aos números 154, 160, 162 e 164 desta vía – e doutra edificación sita no número 21 da rúa San Xillao.

Námbolos dous casos, o Concello instou á propiedade destas construcións a presentar no prazo dun mes, a correspondente licenza de obra maior acompañada do proxecto técnico de demolición asinado polo técnico competente coa advertencia de que, en caso de incumprimento, a administración local procederá á súa execución forzosa mediante o procedemento de execución subsidiaria con cargo aos obrigados.

Dende a institución advírtese tamén que, en tanto non se proceda á demolición dos inmobles, as persoas titulares dos mesmos deberán manter neles as medidas de protección oportunas co fin de garantir a seguridade dos mesmos, dos edificios lindeiros e das e dos peóns que transiten pola zona, quedando, por tanto, habilitadas para executar as obras de apontoamento que resulten convintes.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Anónimo
    Xuñ 02, 2021 - 05:31 PM

    O trepa pone todo guapo de garabata, para saír na a foto!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com