A asociación Lugo Monumental busca grupos de animación na rúa para o Arde Lucus

A asociación Lugo Monumental busca actuacións para Arde Lucus a financiar cos fondos obtidos da recadación dos colaboradores do casco histórico, que é case idéntica á do ano pasado e ascende a 3.350,00 euros. Dende a asociación buscase todo tipo de actuacións relacionadas coa época romana, como música, teatro ou espectáculos.

Explican que as condicións pactadas co Concello para contratar estas colaboracións son que as entidades poidan emitir factura, que o pagamento se faga mediante talón bancario ou transferencia á conta da entidade.Tamén será necesario que a actuación teña relación co ámbito do Arde Lucus, e que as actividades non coincidan coas xa contratadas polo Concello de Lugo.

Lugo Monumental invita a todas as entidades interesadas en ofrecer actuacións para esta festa que envíen as súas propostas antes do próximo martes día 26 de maio ao correo da asociación, asociacion@lugomonumental.es.

Unha vez recibidas as propostas, trasladaranas aos establecementos colaboradores que facilitaron un correo electrónico á organización. Terase en conta tanto o custo das actividades coma o atractivo destas, aínda que serán os colaboradores os que elixan as actuacións a contratar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com