" />

A Asociación Si, hai saída manifesta a súa preocupación ante o peche da sala do 091 de Lugo

Desde a Asociación Si, hai saída queremos manifestar a nosa preocupación e mesmo alarma ante o peche da sala do 091 o vindeiro 1 de Marzo, e o seu traslado a xefatura de A Coruña.

Ademais de representar un evidente prexuízo para toda a cidadanía, o é de xeito especial para as vítimas de violencia de xénero, para as que a supresión deste servizo pode implicar graves consecuencias.

De todos é sabido que é moi complicado, en momentos de grave perigo, e, porén, de gran nerviosismo e mesmo de pánico, como pode ser o dunha agresión machista, tanto se é a propia vítima a que realiza a chamada como se o fai alguén que desexa alertar do que está a suceder, no que cada segundo conta, e pode supoñer a diferencia entre salvar ou perder unha vida, contextualizar a situación correctamente, máxime a un axente que, obviamente, descoñece os pormenores do caso que provoca a chamada, polo que o feito de que coñeza a cidade, o rueiro, e as particularidades das diferentes zonas é fundamental.

A rapidez de acción cando se producen este tipo de chamadas é vital.

Ignoramos cales son os motivos reais para levar a cabo este peche, malia que si, segundo se recolle nalgúns medios, un deles é tentar paliar o déficit de persoal que existe na Comisaría de Lugo, cremos, e con todo o respecto o dicimos, que esta medida é denudar un santo para vestir a outro e que nin esta nin ningunha outra que vaia en detrimento da protección das persoas debería ser unha opción.

A sala do 091 non é un Call Center ao que se chama para facer unha consulta ou un comentario, se non un servizo esencial do que poden chegar a depender vidas, entre elas as de numerosas vítimas de violencia de xénero.

Asociación Si, hai saída

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo