A Audiencia condena a 12 anos de cárcere a un frade do Cebreiro por abusar de dous menores

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a un frade que realizaba o seu labor no Cebreiro a doce anos de cárcere por cometer dous delitos de abuso sexual, un deles continuado, con prevalimento e acceso carnal, e outro delito continuado de utilización de menor para elaboración de material pornográfico. Ademais, o tribunal impúxolle dez anos de liberdade vixiada​ e a prohibición de comunicarse e aproximarse a unha das vítimas durante doce anos; e, á outra, durante tres.

Os maxistrados consideran probado na sentenza que o imputado, entre 2014 e 2015, abusou sexualmente de dous menores, unha nena de 16 anos “cun coeficiente próximo a unha capacidade intelectual límite” e do seu primo, de 20 anos, que presenta “unha discapacidade intelectual leve que lle impide posuír un xuízo crítico” . A Audiencia destaca que o condenado se prevaleu “dunha situación de superioridade manifesta que lle daba a súa condición de relixioso e a precaria situación persoal, familiar e económica da menor”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Fanny Glez
    Mai 14, 2019 - 06:41 PM

    Poucos me parecen 😠😠

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo