A Audiencia condena a un ano e seis meses de cárcere a un home que golpeou a asistentes ás festas de Celeiro

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere e a pagar unha multa de 1.350 euros a un home que agrediu a algúns dos asistentes ás festas de Celeiro, en Viveiro, organizadas en 2016. Ademais, insultou, por ser muller e estranxeira, á médica que o atendeu no PAC de Viveiro. Por estes últimos feitos a Audiencia considerouno autor dun delito de inxurias contra funcionario público no exercicio do seu cargo coa agravante de motivación sexista e racista.

O tribunal considera probado que, durante a celebración, mantivo unha discusión coa súa parella, no transcurso da cal a “empuxou ou zarandeó na cadeira na que se sentou”. Varias persoas “censuraron o seu comportamento”, segundo indica o tribunal, que relata que continuou en estado de agresividade no bar da festa, o que provocou que interviñesen e lle chamasen a atención outras persoas, fronte ás cales chegou a esgrimir o cinto. Nese momento, o camareiro e un cliente dun bar lograron reducir ao acusado. Os xuíces sinalan que, cando parecía que se tranquilizara, o soltaron, momento no cal se abalanzou sobre o cliente do local, quen se golpeou a cara contra o bordo da beirarrúa e perdeu unha peza dental.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com