A Audiencia Provincial de Lugo absolve a un acusado do delito de detención ilegal que lle imputaban, en virtude dos principios de presunción de inocencia e in dubio pro reo. A sala xa absolveu, dentro do mesmo procedemento, a outras dúas persoas, pero nesa ocasión só axuizou ao acusado que estivo en rebeldía.
Nos feitos probados da sentenza, o tribunal indica que, o 3 de setembro de 2023, unha menor foi forzada a entrar nunha furgoneta, da que finalmente logrou escapar pouco despois.
Os maxistrados, ao avaliar a proba presentada, conclúen que non existe evidencia suficiente que acredite a participación do acusado nos feitos, xa que a vítima non o recoñeceu durante o xuízo e admitiu equivocarse na súa identificación inicial. A sentenza non é firme, pois é recorrible ante o TSXG.






