A Audiencia Provincial de Lugo condena a preto de seis anos a un home por abusar sexualmente da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a cinco anos e nove meses de cárcere e ao pagamento dunha multa de 3.780 euros ao autor dun delito de abuso sexual consistente en acceso carnal por vía vaxinal sen consentimento da vítima; doutro delito continuado de abusos sexuais, concorrendo a circunstancia agravante de parentesco e a atenuante de anomalía ou alteración psíquica; e dun delito de malos tratos familiares, coa atenuante de anomalía ou alteración psíquica.

Ademais, impúxolle a prohibición de aproximarse a menos de 500 metros da vítima, domicilio, lugar de traballo ou calquera outro lugar frecuentado por ela, así como comunicarse con ela por calquera medio durante sete anos e nove meses, e a medida de liberdade vixiada durante o mesmo período. En concepto de responsabilidade civil, impúxolle o abono dunha indemnización de 10.000 euros.

O tribunal considera probado que, en 2016, durante a corentena posparto, o acusado penetrou á súa parella contra a súa vontade, sen que a resistencia desta, empuxándolle, puidese impedilo.  O resto dos feitos que se acollen probados, segundo indican os maxistrados na sentenza, consisten en tocamentos á vítima contra a súa vontade, sen que conste que existise acceso carnal. “Neste caso, acóllese probado que durante a convivencia, todas as noites, na cama, o acusado lle baixaba a roupa á vítima e a tocaba co fin de manter relacións sexuais, a pesar da oposición desta, chegando a vítima nunha época a trasladarse á habitación do seu fillo para evitar as insistentes pretensións sexuais do acusado, o que non impedía que o acusado a sometese a continuos tocamentos para satisfacer o seu desexo sexual cando durante o día se atopaba con ela no domicilio, a pesar de mostrar a súa parella o seu rexeitamento, tocamentos que se producían en ocasións en presenza de familiares e mesmo fóra do domicilio en presenza de amigos da parella”.

A Sala considerou probado que o acusado ten unha intelixencia límite e escasa formación, encontrándose as súas facultades cognoscitivas levemente limitadas. Na resolución, os xuíces indican que o relato da vítima é “persistente, sen contradicións nin ambigüidades ao longo do procedemento”. Ademais, destacan que existen “corroboracións periféricas que, analizadas en conxunto, contribúen a reforzar o testemuño da vítima”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com