A competición, presentada este martes na Praza dos Fornos da Pontenova, conta nesta edición coa bitola de Campionato Europeo, un fito xa que será a primeira vez que Galicia acolla unha proba deste nivel e a segunda que se celebre em España.
A proba, na que se prevé a participación de máis dun cento de vehículos, entre eles arredor dunha quincena da Pontenova e dos concellos da contorna. O descenso desenvolverase nun treito entre Vilar das Pedras e a rúa da Feira, na Pontenova.
Se ben a actividade competitiva se concentra na fin de semana, a actividade arredor da proba comezará xa o xoves 24 com reunións técnicas, revisións do trazado e actividades lúdicas.Na xornada prevía ás carreiras, celebrarase un cerimonia na que desfilarán os vehículos participantes -ás 18.00 horas-.
Para completar a oferta lúdica da fin de semana e propiciar que o público quede na vila, o club Motoreo organiza de venres a domingo unha
ampla programación de espectáculos de maxia, nos locais de hostelería e na Casa Cultura.