A Banda Municipal de Música volverá ter presenza no San Froilán

Logo dun parón de 3 anos a Banda Municipal de Música retomará a súa presenza no San Froilán, continuando cos seus 85 anos de historia nas festas.  A concelleira de Cultura indicou que “dende o concello convidaremos dirección e intérpretes para reforzar á banda, que comezará a ensaiar durante a próxima semana”. Actualmente, a Banda Municipal leva 2 anos e 8 meses sen director desde a xubilación do anterior. Maite Ferreiro indicou que xa se está traballando, en conxunto coa área de Recursos Humanos, para solventar esta situación.

Outras 4 bandas actuarán nesta edición. O sábado 5 de outubro, a Banda Filharmónica de Lugo, seguida da Banda da Escola de Música de Rianxo tocarán na praza de San Marcos. O domingo das mozas, a praza de Santa María acollerá á Banda de Música de Outeiro de Rei e á Banda de Santiana de Figueira da Foz, e será o 12 de outubro cando a Banda Municipal de Musica toque na praza de Santa María.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo