" />

A biblioteca virtual de GaliciaDigital chega aos 200 libros

En GaliciaDigital, hai algo máis de catro anos (teñen vinte de vida) comezaron a publicar libros esgotados ou inéditos, dos que nin os seus autores nin en GaliciaDigital tiñan intereses comerciais, para poñelos ao dispor dos posibles interesados, independentemente do lugar onde residan, de xeito que de maneira gratuíta e inmediata o libro quedaba a dispor xeral, contribuíndo á súa difusión, en complicidade con quen o creou e co interesado que pode lelo e imprimilo.

Cunha periodicidade aproximada dun libro por semana, chegan aos 200 “volumes”, de xeito que o seu “catálogo”, segue medrando sen présa pero sen pausa, ten no albor deste outono de 2020 unha oferta ampla de poesía ou prosa, de ensaio ou reportaxe, en galego ou castelán, totalmente gratuíta.

Plenamente satisfeitos polo fórmula e o traballo desenvolvido, en GaliciaDixital queren deixar constancia de agradecemento sen límites a autores e autoras que os autorizan a reproducir as súas obras, e igual recoñecemento para todos os internautas que cada día entran na BIBLIOTECA VIRTUAL DE GALICIADIGITAL para descubrir novas publicacións, antigas ou novísimas, que forman parte esencial da súa oferta/achega á infraestrutura dixital do país.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo