" />

A candidata á alcaldía de Lugo por Cidadáns propón usar edificios municipais que acollan un Centro Integral de Terapias

A candidata de Cidadáns á alcaldía de Lugo, Olga Louzao, aposta por crear un Centro Integral de Terapias, para que todos os veciños que o necesiten dispoñan das instalacións axeitadas no municipio.

Louzao explicou que “o centro contará con salas para a estimulación sensorial, logopedia, psico-motricidade, ademais de programas de respiro familiar, así como outras actividades dirixidas a toda a poboación, apostando por políticas inclusivas”.

Louzao destacou que “Lugo conta con edificios que poderían albergar este centro, polo que propón poñer a disposición de todos os veciños os locais de uso municipal”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo