A Casa Habanera de Guitiriz acolle a mostra ‘Imaxes do Nadal’

A Casa Habanera de Guitiriz, vén de acoller a  inauguración da exposición Imaxes do Nadal, na que 9 fotógrafos lucenses reflicten as súas persoais visións dos máis diversos aspectos do tempo de Nadal.

A mostra, que xa o pasado ano visitou Begonte, Lugo e Chantada, este ano pode verse en Guitiriz do 3 ao 14 de decembro, así como na Casa do Concello  de Rábade do 17 ao 31 de decembro, e na Casa da Cultura de Vilalba, do 2 ao 15 de xaneiro.

Esta mostra está organizada polo Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte (entidade promotora do Belén Electrónico begontino e das accións que conforman O Nadal en Begonte), o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e o Colectivo Egeria. Na mostra participan os fotógrafos Eduardo Ochoa, Miguel Calvo, Fernando Gago, Miguel Fraga, Xosé Manuel Otero, José Manuel Guisasola, GL. Méndez, Hixinio Flores e Toñi Fernández Ónega (In memoriam), cun total de 39 fotografías. Seis destes fotógrafos participaron,hoxe, na inauguración desta mostra.

O coordinador, Eduardo Ochoa, responsable de fotografía de Fonmiñá, explicou os contidos da mostra e presentou os fotógrafos participantes que acudiron á inauguración, agradecendo a iniciativa a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, que se congratulou de que esta exposición poida ser vista en Guitiriz, na Casa Habanera, un centro cultural con destacadas actividades, restaurado de xeito magnífico pola acción conxunta do Concello e a Mancomunidade de Montes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo