A CIG concéntrase polo despedimento “inxusto” dunha traballadora de Luis Iglesias Carreira, SL

A Confederación Intersindical Galega organizou unha concentración hoxe, 9 de marzo de 2020, ás 10.15 horas, diante do Servizo de Mediación Arbitraxe e Conciliación (SMAC) de Lugo, coincidindo coa celebración do intento de conciliación preceptivo, polo que consideran un despedimentoinxusto” dunha traballadora da empresa Luis Iglesias Carreira, S.L. no seu centro de traballo de Navia de Suarna.

A empresa Luis Iglesias Carreira SL, adxudicataria do servizo de transporte sanitario urxente en Lugo, Navia, Becerreá, Vilalba, Palas de Rei, Guitiriz e Pedrafita do Cebreiro, así como dunha parte reducida do transporte sanitario programado,leva encarreirados varios despedimentos dende que foi asumida a empresa a través do empresario Rubiero-Xirón, algo que, dende a central sindical, viñeron denunciando públicamente e que respondena unha situación de discriminación e acoso no traballo”.

“Non deixa de ser curioso que, dende que se asume pola parte da empresa Luis Iglesias Carreira, S.L. os novos contratos para o transporte urxente, a empresa non está a asumir puntualmente as súas obrigas salariais e segue a incumprir as garantías en materia de saúde laboral, nomeadamente no relativo á uniformidade e á súa desinfección, a pesares do momento histórico que está vivindo a atención urxente que se realiza dende este servizo, algo inaudito para o cal esta empresa non ten outra contestación que asumir despedimentos do persoal cos cartos dos novos contratos da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, mesmo no intre en que tódolos rumores apuntan a unha entrada inminente desta empresa nun procedemento concursal no cal, todo apunta á culpabilidade do empresario”, critica a Central Sindical.

Diante desta situación, a CIG continúa a denunciar publicamente esta actuación empresarial como un “claro atentado” aos dereitos laborais e sindicais do persoal, solicitando a readmisión desta compañeira de xeito inmediato.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com