A CIG convoca unha concentración ante a CEL para esixir o desbloqueo da negociación do convenio de Oficinas e Despachos

A Federación da Banca, Aforro, Seguros, Oficinas e Centros de chamadas da CIG convoca para mañá xoves 21 de novembro ás 11:30 horas unha concentración diante da Sede da CEL de Lugo co obxecto de esixir o desbloqueo da negociación do convenio colectivo de oficinas e despachos. Dito convenio está vencido desde o 31 de decembro de 2011, e despois de terse iniciado e realizado algunha negociación durante o ano 2014, o mesmo ficou paralizado polas diferenzas entre a patronal e parte social a respecto do Plus do plus de Antigüedade.

Desde a CIG temos solicitado en varias ocasións que se retomaran as negociacións do convenio, non sendo posible pola negativa da patronal a retomar a mesa negociadora.

No pasado mes voltamos a dirixirnos á CEL para solicitar que se volvera a convocar a Mesa de negociación do convenio, mais non obtivemos resposta, polo que esta situación de paralización do convenio colectivo de oficinas e despachos é absolutamente inadmisible. Non se pode permitir a paralización dun convenio colectivo durante 8 anos, e entendemos que é absolutamente urxente a convocatoria da mesa negociadora para polo menos poder negociar e actualizar táboas salariais de xeito inmediato e posteriormente o resto de cuestións do convenio.

Con esta Concentración desde a CIG comezamos unha campaña de presión sobre a patronal para esixirlles que se senten a negociar, campaña que extenderemos tamén aos centros de traballo, facendo chegar aos traballadores e traballadoras do sector a nosa reinvindicación a prol do desbloqueo da negociación do conveno colectivo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com