" />

A CIG denuncia o impago do salario das traballadoras do SAF de Castroverde

A CIG-Servizos denuncia hoxe a situación na que se atopan as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Castroverde ás que Asistencia Castroverde (empresa adxudicataria deste servizo) lles comunicou a imposibilidade de afrontar o pago das nóminas por falta de liquidez. A día de hoxe, segundo informa o sindicato, as máis de 30 traballadoras teñen pendente de cobrar o salario de maio e descoñecen cal será o futuro do servizo, tendo en conta que a nova concesionaria (que debería entrar o 1 de xullo) xa amosou intención de renunciar ao contrato se tiña que facerse cargo das débedas da anterior empresa.

Cómpre subliñar que os atrasos no pago das nóminas véñense producindo dende hai meses, pero nesta ocasión a empresa informou da “situación económica insostíbel”, que lle resulta imposíbel abonar os salarios e que xa solicitou a entrada voluntaria en concurso de acredores. Diante desta situación, a CIG reclama a implicación do Goberno municipal para que inste a empresa a cumprir coas súa obrigas. Neste senso, critican a actitude pasiva do alcalde quen, nunha reunión coas traballadoras, escusou as súas responsabiliades alegando que o Concello xa lle pagara á empresa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo