A CIG denuncia trato discriminatorio hacia os traballadores do mantemento de áreas verdes da Deputación

A CIG vén de denunciar o “trato discriminatorio” que sofren os traballadores do servizo de mantemento de áreas verdes da Deputación, quen durante lustros prestaron os seus servizos en Suplusa e, desde xaneiro de 2020, prestan os seus servizos en Tragsa.

Despois de que a Deputación apostara pola integración das plantillas dos distintos “chiringuitos”(denominación esta efectuada polo propio Presidente da deputación), decidiron, segundo lembra a central sindical, “facer excepción únicamente cos traballadores de mantemento de áreas verdes”, aos que subrogaron a Tragsa, “en discriminación incluso co resto de traballadores da plantilla de Suplusa que si foron integrados na Deputación”.

Estes traballadores ven como Tragsa “de forma continuada e pasiño a pasiño” pretende recortarlles dereitos, así xa no 2020 negaronlles a suba salarial do convenio colectivo de xardiñería, segundo di o sindicato; e, agora, “pretenden modificarlles a xornada, vulnerando así as condición laboráis que estes traballadores tiñan”.

“E todo isto feito coa complicidade do goberno da Deputación Provincial de Lugo”, denuncian. Desde a CIG denuncian que é “absolutamente incomprensible e discriminatorio” o tratamento da Deputación con estes traballadores, “pois os mesmos teñen pasado procesos de selección para acceder ás súas prazas, e non existe impedimento legal ningún para a súa subrogación”.

E, por riba, denuncian, “resulta unha práctica clasista por parte dun goberno progresista, que non ten problemas para subrogar persoal administrativo e técnico, pero que se desentende do persoal que viste funda de traballo, e permite alegremente que desde Trgsa se vaian vulnerando os dereitos dos mesmos”.

“Desde a CIG facemos novamante chamamento ao Goberno provincial a rectificar e proceder a abrir un proceso de subrogación de dito persoal, actuando por tanto co mesmo criterio para o conxunto de traballadores e traballadoras que prestaron servizos da institución a través de entes públicos asociados á mesma”, conclúen.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com