A Concellería Medio Ambiente informa que reactiva o servizo de recollida de aveños

Dende a Concellería de Medio avisan da reactivación do servizo de recollida de aveños (mobles e outros utensilios) que presta o Concello de Lugo, que é totalmente gratuíto e que se pode solicitar a través dunha chamada ao teléfono: 982-25-44-83.

Dito servizo estivo suspendido temporalmente para facilitar os traballos do dispositivo extraordinario de limpeza que se está a levar a cabo durante o estado de alarma polo Covid19. Medio Ambiente optou por reactivalo porque as circunstancias permiten facelo con seguridade e, polo tanto, podemos atender así esa necesidade garantindo o bo funcionamento do dispositivo extraordinario despregado.

Desde o Concello pídese á veciñanza que actúe con responsabilidade e chame ao servizo para que se poida efectuar a recollida dunha maneira ordenada e sen dificultar a limpeza e desinfección da cidade, que segue a ser crucial para evitar os contaxios nesta pandemia, máxime cando a vindeira semana xa poderán saír os nenos e nenas ás rúas. Por iso, lembra que no momento de recibir a petición, desde o servizo se lle indicará ao cidadán o día e a hora á que pasarán a recoller os mobles e outrso utensilios dos que que se queira desfacer, dando prioridade ás peticións que se realizan seguindo este procedemento e atendendo a continuación o resto de incidencias non notificadas e das que da conta o propio servizo de recollida.

A retirada destes residuos realizarase de luns a sábado, nun prazo máximo de dous días na cidade para o que se precisa un vehículo específico. En canto ao rural, recóllense unha ou dúas veces ao mes, en relación á demanda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com