A concentración a favor de Ceuta acabou con berros e insultos

Un grupo minoritario manifestouse en contra do acto, que rematou sen incidentes de consideración

Unha concentración a favor de Ceuta congregou esta tarde numerosas persoas na praza Maior de Lugo. De maneira simultánea, un grupo moito máis reducido manifestouse en contra da convocatoria e proferiu berros e consignas dirixidos aos participantes.

Durante o acto, o presidente local do PP e exsubdelegado do Goberno, Ramón Carballo, leu un manifesto entre os apupos do grupo contrario. Os asistentes a concentración a favor de Ceuta responderon tamén con berros.

A concentración desenvolveuse sen incidentes de consideración, aínda que ao remate se produciron algúns enfrontamentos verbais entre participantes e membros do grupo minoritario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com