" />

A Consulta Preliminar do Mercado continúa o seu curso na busca de solucións contra a néboa na A-8

A Consulta Preliminar do Mercado posta en marcha polo Ministerio de Fomento segue avanzando na busca de solucións contra a néboa densa que se produce no ámbito do Alto do Fiouco. Até o momento rexistráronse seis propostas preliminares, de acordo ao procedemento. Adicionalmente, outras cinco empresas están analizando a documentación técnica facilitada polo Ministerio de Fomento, sendo previsible que presenten as súas solucións proximamente.

As medidas innovadoras identificadas van dende sistemas de sinalización e axuda á condución ata sistemas de detección e disipación da néboa. Non se descarta que a solución final estea formada por unha combinación de distintas tecnoloxías. A Consulta, coordinada dende o seu inicio co ProgramaInnodemanda do CDTI (dependente do Ministerio de Economía e Competitividade), pode permitir aos beneficiarios gozar de financiamento en condicións moi favorables para desenvolver as súas actividades de I+D. Esta información pode ser usada en parte ou na súa integridade sen necesidade de citar fontes.

O prazo de solicitude de axudas en CDTI ampliouse polo interese dos participantes ata o pasado 31 de agosto de 2015 habéndose recibido seis proxectos de I+D que será avaliado por este organismo, de acordo ao seu procedemento interno. Está previsto que a devandita avaliación finalice o próximo 25 de setembro e que a comunicación da concesión de axuda se produza o 30 de outubro de 2015.

Doutra banda, no marco da convocatoria, tras a primeira xornada informativa celebrada o pasado 23 de xullo, coa asistencia de 19 empresas, vaise celebrar a segunda xornada o próximo 24 de setembro. Nela, farase un seguimento do proceso, das propostas recibidas e do estado da información meteorolóxica e da estrada a disposición das empresas. Ao longo do proceso, as solucións dos participantes serán analizadas polo Ministerio de Fomento, o que permitirá mellorar a súa adecuación ao problema formulado.

Finalmente, aínda que o prazo de Consulta inicialmente previsto é de un ano, parece probable que poida ser reducido ata os 6 meses, conforme ao cumprimento dos requisitos de participación e idoneidade das propostas contemplados na convocatoria da Consulta. Cos resultados obtidos na Consulta, definiranse as prescricións técnicas e administrativas para o desenvolvemento de prototipos en campo e no marco da eventual Compra Pública Innovadora posterior.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo