A contratación, a renovación do pavimento de República Argentina e Garabolos

A Xunta de Goberno aprobou hoxe sacar a contratación as obras de renovación do pavimento da Ronda República Argentina e un tramo da avenida de Garabolos por importe conxunto de preto de 126.000€, unhas actuacións financiadas con cargo aos remanentes do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos do 2017, que supoñerán unha mellora na seguridade e comodidade dos conductores e peóns destas vías, que rexistran cunha importante densidade de tráfico.

O proxecto da Ronda República Argentina, cun orzamento de 96.269,34€ e un prazo de execución de tres meses, consiste na reposición do pavimento, así como da sinalización horizontal. En canto ás obras na avenida de Garabolos, que conta cun orzamento de 29.359,11€ e un prazo para acometer as obras de dous meses, afectarán ao tramo comprendido entre os edificios 5 e 9, onde se renovaron recentemente servizos e se pavimetou a beirarrúa, e quedaba pendente a parte que se acometerá agora con este proxecto, consistente na renovación do pavimento da calzada, así como na instalación dun paso de peóns elevado e a creación dun acceso peonil á marquesiña da parada de bus existente na vía para garantir a seguridade dos peóns. O Goberno adopta estas medidas en resposta á preocupación veciñal ante a alta velocidade á que transitan algúns vehículos por esta rúa. 

Ademais da mellora da Ronda República Argentina e a avenida de Garabolos, con cargo aos remanentes do Plan Único tamén se acometerán melloras en Saamasas.

Na sesión deste mércores acordouse tamén adxudicar a Construcciones Canarga S.L., por un importe de 253.000 euros, o acondicionamento de 7 aparcadoiros disuasorios en distintos puntos da cidade que, cunha superficie total de máis de 6.000 metros cadrados , ofrecerán 203 novas prazas públicas e gratuítas. O prazo de execución é de 5 meses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo