A contratación o servizo de atención do centro de día para persoas maiores Antonio Gandoy

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou hoxe sacar a contratación o servizo de atención do centro de día municipal Novo Antonio Gandoy para persoas maiores, que conta con 50 prazas, por un importe de 425.000€ anuais. A duración do contrato será dun ano, prorrogable como máximo por outros catro. O centro de día Antonio Gandoy forma parte da rede de servizos e prestacións que ofrece o Concello dentro do seu compromiso co benestar social, a igualdade e a inclusión, ámbito ao que dedica 8,5M€ no Orzamento deste ano.

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou hoxe o nomeamento de 10 tribunais cualificadores para o acceso en propiedade a 15 postos de traballo no Concello, incluídos nas ofertas públicas de emprego (OPEs) dos anos 2015 e 2016 que sacou adiante o Executivo.

Trátase das seguintes prazas:
– unha de técnico (OPE 2015, quenda libre)
– unha de técnico medio de xestión (OPE 2015, promoción interna)
– unha de delineante (OPE 2015, quenda libre)
– tres de auxiliar administrativo (unha incluída na OPE do 2015 e dúas na de 2016,
quenda libre)
– unha de oficial lector de contadores (OPE 2015, quenda libre, reservada para persoas
con discapacidade)
– unha de celador de colexio público (OPE 2015, quenda libre, reservada para persoas
con discapacidade)
– unha de axudante de cociña-limpeza (OPE 2015, quenda libre, reservada para
persoas con discapacidade)
– unha de peón (OPE 2015, quenda de consolidación de emprego temporal)
– unha de oficial albanel (OPE 2015, quenda libre)
– catro de oficial maquinista fontaneiro (OPE 2015, quenda de consolidación de
emprego)

O nomeamento dos tribunais cualificadores é o último paso previo á convocatoria dos exames. A día de hoxe, dos 58 postos aprobados nas OPEs do 2015 e 2016, están convocados 44, dos cales 41 teñen aprobados os tribunais cualificadores, polo que os exames correspondentes convocaranse en breve.

Así mesmo, a Xunta de Goberno tomou razón da sentenza do TSXG relativa á Escola de Música Municipal e aprobou darlle cumprimento, para o que acordou continuar coa tramitación do expediente da nova Relación de Postos de Traballo, que leva aparellado un Plan de Ordenación de Recursos Humanos co fin de garantir que o servizo siga sendo prestado por empregados públicos municipais. Aprobouse tamén comunicar esta resolución ás dependencias municipais afectadas e ao xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Lugo aos efectos de iniciar o oportuno incidente de execución da sentenza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com