A covid baixa dos 200 casos na provincia por segundo día consecutivo logo dunha ponte con moitos positivos e poucas altas

As cifras da Covid non deixan de bailar nas últimas xornadas. Se a pasada semana a estabilidade no número de casos activos era unha realidade, a chegada da ponte deixou unha considerable suba de positivos. O xoves pasado o SERGAS notificaba 8 novos casos, moi lonxe dos 25 acadados o venres ou os 20 positivos detectados o sábado. Así, logo desta ponte, na que se cumprían algo máis de dúas semanas dende que a Xunta decidiu aliviar as restricións, as cifras volvían no día de onte ao descenso, baixando por primeira vez en meses, dos 200 casos activos.

No último informe do SERGAS con datos recompilados ata as 6 da tarde de onte, a provincia chega ás 193 infeccións activas, ou o que é o mesmo, a niveis que non se tiñan na provincia dende o pasado 19 de agosto. 

Pero aí non queda todo e é, Sanidade tamén informou dun importante descenso dos positivos. Se nas últimas xornadas rondaban as 20 novas infeccións detectadas por PCR, no último informe, tan só se recolle un positivo detectado. É habitual que os domingos e os luns se rexistren baixadas importantes de positivos, e haberá que ver a evolución deste baremos hacia finais desta semana, cando tende a ser máis significativa a tendencia á baixa ou á suba. 

No tocante a presión asistencial, esta fin de semana mantívose á baixa e descendeu dende os 15 casos en planta e os 5 de UCI do pasado xoves ata os 13 en planta e os 3 na UCI do HULA. Ademáis, o Polusa e o Hospital de Monforte quedaron libres hoxe de pacientes Covid. 

Por último, esta fin de semana houbo que lamentar un falecemento polo virus, a vítima 211 na provincia. Trátase dunha muller de 79 anos que finaba a noite do xoves no HULA.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com