" />

A Covid dá un novo respiro a Lugo con 8 casos menos e tan só 4 positivos na última xornada

 

Achegámonos á Semana Santa e a provincia de Lugo amosa os seus mellores datos relativos á Covid. Se no día de onte informabamos dun repunte chamativo, o certo é que no día de hoxe non só se recuperou o ritmo de descenso en diferentes baremos senón que aumentou en gran medida a baixada. 

Así mentres que as altas continúan subindo a bo ritmo, con 13 persoas curadas nas últimas horas chegando xa ás 11591 en toda a provincia dende que comezou a crise sanitaria; as persoas que contan nestes intres cunha infección activa baixan en 8 casos, ata as 177. 

Bos datos que non se acadaban na provincia dende mediados do mes de agosto. Asemade, hai que ter en conta o descenso tamén dos positivos detectados que onte foron 4, por baixo dos 8 detectados na xornada anterior. 

Por último, como boa nova non podemos deixar de falar do descenso da presión asistencial. Mentres en plantas de hospitalización se rexistran 8 pacientes covid, 3 menos que na xornada de onte, repartidos polos tres hospitais públicos da provincia, 5 no HULA, 1 na Mariña e 2 en Monforte; a UCI do HULA aumenta nun caso chegando ás 3 persoas ingresadas en coidados intensivos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo