" />

A Covid19 supera os 1100 casos na provincia con 82 positivos detectados no día de onte

A covid 19 continúa a súa expansión pola provincia de Lugo sendo a comarca da Mariña unha das máis afectadas, de novo. Durante a fin de semana a nosa provincia aumentou en máis de 150 casos activos. Así no día de hoxe o SERGAS informa que, ata as 6 da tarde do domingo, se rexitraron un total de 1146 infeccións activas. Asemade, nas últimas 24 horas puideron detectar a través das probas diagnósticas 82 novos casos que se suman ás altas cifras tamén rexistradas durante a fin de semana. 

Estes datos, malia ser dos mellores da comunidade autónoma, o certo é que só fan que elevar a presión hospitalaria. Así hoxe atópanse un total de 43 persoas en plantas de hospitalización na nosa provincia e outras 7 na UCI do HULA. Este aumento da presión hospitalaria tamén se debe, en parte, ao traslado de pacientes dende a UCI de Ferrol que superaba xa os seus propios límites. 

Por hospitais. O da Mariña conta hoxe con 19 pacientes covid, seis máis que onte. O mesmo número de pacientes infectados se atopan en planta de hospitalización no HULA, ademáis dos 7 que ocupan as camas de críticos. Por último, o Hospital de Monforte hoxe rexistra cinco pacientes covid.

Asemade, esta fin de semana hai que lamentar novos falecementos por mor do virus. En total, no día de hoxe a nosa provincia contabiliza 157 vítimas da Covid. As últimas dúas son dúas mulleres de 89 e 93 anos que finaban o pasado venres. A primera delas falecía na Residencia de San Bartolomeu, de Xove e a segunda no Centro Integrado Cegadi, de Compostela, procedente do Asilo de Ribadeo.

E é que na Mariña é onde se está a rexistrar unha maior incidencia do virus nas últimas xornadas. Nas dúas primeiras vagas do coronavirus en Galicia tamén foi a comarca luguesa que máis sufriu os contaxios. Entre os concellos máis afectados están Viveiro, Xove, A Pastoriza ou o Vicedo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo