A Deputación abre un novo prazo de solicitude para 70 postos de traballo do Ben Empregado

A Xunta de Goberno este venres aprobou a contratación de 47 lucenses desempregados que resultaron beneficiados do Ben Empregado, e que polo tanto comezarán a traballar nos vindeiros días en entidades e colectivos da provincia; así como abrir un novo prazo de solicitude para cubrir 70 postos de traballo desta programación que quedaron vacantes. As solicitudes poderán facerse dende o 9 ao 19 de novembro. Toda a información estará ao acceso dos interesados en www.deputacionlugo.gal.

O voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, explicou que “son 70 empregos en todos os sectores e en toda a provincia. As bases do Ben Empregado recollen a posibilidade de abrir un novo proceso de solicitude”.

A Xunta de Goberno aprobou os derradeiros trámites legais (plans de seguridade e saúde no traballo, e de xestión de residuos) para a inmediata posta en marcha de novas obras en dotacións públicas municipais, “mellorando, deste xeito, ás prestacións aos veciños e aforrando custos aos Concellos, pois son traballos financiados pola Deputación”, explicou Santos Ramos.

Os traballos, que se iniciarán a vindeira semana, son os seguintes: en Vilalba, acondicionamento dunha ruta de 15 quilómetros no contorno da Casa Habaneira, en Santaballa, coa plantación de árbores autóctonas e dotación de paneis informativos e mobiliarios, entre outros traballos. O orzamento é de 5.000 euros.  En Viveiro, mellora no treito do comprendido entre a Avenida de Cervantes e a Praza Juan Donapetry. Son obras solicitadas polos veciños e incluídas nos Presupostos Participativos de 2015 cunha partida de 470.000 euros. Consisten na reposición integral do firme da estrada LU-P-6605 e das zonas peonís da súa contorna para humanizar a zona.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com