A Deputación advirte a Suplusa que a convocatoria de mañá en Pol “é irregular”

Deputación de Lugo advertiu hoxe oficialmente e mediante un escrito a SUPLUSA de que a convocatoria do Consello de Administración no centro da terceira idade de Pol para mañá martes, ao igual que fixo coa reunión en Trabada,  é “totalmente irregular” por varias cuestións que detallan nun comunicado aos medios.

O executivo provincial advirte á Sociedade Urbanística que nesta reunión fará uso dun inmoble que non é da súa titularidade xurídica e, ademáis que incumpre unha “orde clara da administración que a tutela”, a Deputación de Lugo que lle esixe a “inmediata entrega da propiedade xurídica e posesión material dos centros de maiores rematados”.

Asemade o goberno provincial lémbralle ao Consello de Administración que a Sociedade perdeu a súa condición de medio propio polos “seus múltiples incumprimentos” polo que non pode facer ningún acto administrativo ou xestión ao respecto das residencias, “máis alá de continuar coas obras iniciadas”.

Debido á irregularidade desta reunión, a Deputación ordea a SUPLUSA a súa desconvocatoria e que proceda á entrega, “reiteradamente esixida”, dos bens, dereitos e autorizacións dos centros de maiores.

Preguntado sobre este asunto polos medios de comunicación, o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou que no caso de manterse esta convocatoria, os membros do Goberno Provincial non acudirán á mesma como Conselleiros, ao igual que o fixeron no caso de Trabada.

Campos Conde aclarou que esta convocatoria non afecta á folla de ruta da Deputación e os Concellos para a posta en marcha das residencias e apuntou que os municipios coa colaboración do organismo provincial están a realizar os regulamentos e plans de viabilidade necesarios para a apertura dos centros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo