" />

A Deputación anuncia que mellorará os itinerarios dos catamaráns

O deputado delegado de Turismo, Patrimonio e Centro de Artesanía e Deseño, Juan Carlos Armesto Quiroga, realizou hoxe unha visita de traballo polas zonas dos Canóns do Sil e do Miño para analizar o funcionamento dos catamaráns.

“Dende a Deputación de Lugo queremos enriquecer este servizo e para iso, entre os nosos obxectivos de traballo, atópase a mellora dos itinerarios e novas propostas de traballo”.

A visita técnica, durante a que o deputado delegado de Turismo estivo acompañado por técnicos e persoal da Área de Turismo, iniciouse nos Canóns do Sil, onde Juan Carlos Armesto Quiroga analizou a situación “in situ” das dependencias provinciais, do club náutico e das embarcacións; así como o estado dos servizos, sinalización e promoción da zona.

Ademais, o deputado delegado mantivo entrevistas e contactos co persoal que está a cargo dos distintos servizos da Deputación desta zona (servizos de guías e patróns de barco). Durante a tarde, a visita continuará pola zona dos Canóns do Miño (Belesar), co mesmo contido.

Armesto asegurou que” o coñecemento do servizo e do seu funcionamento, o contacto co persoal e tamén a opinión e grao de satisfacción dos seus usuarios axudarán a obter unha mellora no servizo, potenciando o que está a funcionar correctamente e mellorando os aspectos negativos do mesmo”.

Dende a Área de Turismo tamén ofrecerán este sábado á Asociación Ledicia Cativa, dende ás 11:30 horas, un percorrido en catamarán, que sairá do embarcadoiro de Doade. Os nenos e os seus pais de acollida desfrutarán dunha viaxe de preto de dúas horas, nos que mostrarán todos os valores naturais e culturais da zona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo