" />

A Deputación aproba a adxudicación do contrato de prestacións básicas como avance na apertura do Centro de Maiores de Castroverde

A Deputación de Lugo deu conta hoxe dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno deste venres, na que se deron novos pasos para abrir antes de finalizar o ano o Centro de Atención a Maiores de Castroverde, coa adxudicación por 1M€ do contrato de prestacións básicas, e a principios do que vén, o de Pedrafita, coa adxudicación de material e equipamento para as instalacións.

Asemade, a Xunta de Goberno aprobou as solicitudes dos concellos de Sober e de Alfoz para poder destinar remanentes do Plan Único 2020 noutras actuacións. No caso de Sober, vanse destinar á pavimentación de accesos en Cimadevila, Bolmente e Sanxís. E no caso de Alfoz, investiranse na pavimentación de accesos no núcleo de Presaboa, o acceso ao muíño de Damián, e tamén na parroquia de Reirado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo