A Deputación aproba o Plan Único 2019 dotado de 24,5 millóns

O Pleno da Deputación aprobou vén de aprobar esta tarde, nunha sesión Extraordinaria, por unanimidade as actuacións do Plan Único 2019. Está dotado con 24,5 millóns de euros para realizar investimentos nos 67 Concellos cos que impulsar as prestacións públicas, os servizos sociais e o emprego.

A partir de hoxe mesmo, os Concellos poden solicitar un anticipo do 50% dos fondos que lles corresponden, o que permitirá inxectar 12 millóns de euros na provincia en xuño. Unha vez aprobado o Plan Único, así como a modificación orzamentaria, ábrese un prazo legal de 15 días para a presentación de alegacións. Transcorrido estes períodos  poderanse ingresar nas arcas municipais dos 67 Concellos estes fondos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo