A Deputación arranxa unha vía de Xermade e redactará o proxecto técnico para un vial en A Pastoriza

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado de técnicos da Deputación, e do Alcalde de Pastoriza, Primitivo Iglesias, realizaron unha visita á estrada LU-P-1106, tralas demandas veciñais, que rexistraron un escrito no organismo provincial, queixándose do lamentable estado desta estrada que utilizan a cotío moitos veciños desta zona e do Concello, que cualificaron como “intransitable”. Este vía de comunicación, que vai dende o cruce de Bretoña ata o Campo do Oso, é moi utilizada como saída a Mondoñedo. Dende o Organismo Provincial comprométense a redactar o proxecto técnico para acondicionar este vial e asesorar a unha empresa que explota unha canteira da zona para realizar os traballos de mellora nesta estrada.

Estrada en Xermade 

En Xermade o Goberno da Deputación tamén ven de rematar unha estrada na parroquia de Lousada, que vai cara as praias da Mariña. Trátase dunha vía que une a parte alta do Concello co municipio veciño de Muras, e que empregan a cotío os veciños da zona por tratarse dun atallo para ir ás praias da Mariña, concretamente ás de Viveiro.

O Vicepresidente da Deputación Fernández Queipo, destacou que “son traballos que executamos nun treito de 1 quilómetro que beneficia aos veciños do Concello de Xermade, Muras e tamén Vilalba. Son pequenas obras que teñen un grande impacto no día a día dos lucenses”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com