" />

A Deputación axudará a poñer en produción preto de 300 hectáreas de terras

A Deputación de Lugo resolveu a concesión de 142.540 euros en axudas para a posta en produción de 285 hectáreas de terras abandonadas na provincia. O Goberno provincial decidiu ampliar o crédito dos 100.000€ previstos inicialmente para este programa de apoio ao sector primario a 142.540 para poder dar cobertura aos 76 solicitantes de 28 concellos da provincia que cumpriron os requisitos.

Máis da metade do terreo que se recuperará ao abeiro desta liña de axudas da institución provincial será na zona centro e na Terra Chá, concentrando 183 hectáreas do terreo desleixado de 13 concellos. Na zona da montaña recibíronse 12 solicitudes de cinco concellos para recuperar a produtividade de 43 hectáreas; na zona sur solicitáronse axudas para restablecer a actividade en 52 hectáreas de oito concellos; e na Mariña recibíronse dúas solicitudes (Mondoñedo e A Pontenova) para dar cobertura a case 6 hectáreas.

Este programa enmárcase na estratexia prioritaria da Deputación de Lugo de apoio ao sector primario para o impulso da actividade económica no rural. Dende a súa posta en marcha, no ano 2014, puxéronse en produción máis de 2.000 hectáreas de terreo na provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo