" />

A Deputación celebra a súa primeira mesa de contratación vía telemática

A Deputación de Lugo celebrou a primeira mesa de contratación da súa historia vía telemática, unha sesión que foi retransmitida por streaming na canle de YouTube dos Servizos Audiovisuais da institución.

A mesa de contratación, que tivo lugar onte martes, abordou dous expedientes. Por una banda, a contratación do servizo de coordinación de seguridade e saúde das obras e servizos da Deputación de Lugo, a excepción das dependentes do Parque Móbil e Vías e Obras, que saíu a licitación por un importe de 57.630,76 euros e cunha duración dun ano, prorrogable por outro, e, por outro, o subministro de gasóleo tipo C para o funcionamento das instalacións
térmicas dos diferentes centros da institución, que se licita por 45.980 euros por un ano, prorrogable por outro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo