A Deputación comeza obras en catro estradas provinciais de Ourol

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, informa de que este mércores comezaron as obras de mellora de catro estradas provinciais no Concello de Ourol. Unhas actuacións nas que a institución provincial inviste 255.000€.

As obras consisten na limpeza de cunetas, drenaxe e estendido de aglomerado en quente e teñen como obxectivo reparar os estragos causados pola construción do Parque Eólico Pena Ventosa. Por un lado, mellorarase a LU-P-6602, que vai de Rúa Nova a Muras, e que dá servizo á veciñanza que ten gando na Serra do Xistral e tamén ás empresas que realizan o mantemento dos parques eólicos da zona. Neste caso vaise arranxar medio quilómetro, dende o punto 18,550 ata o 19,095.

Neste concello, tamén se vai arranxar a LU-P-3805, que une os núcleos Sixto con Campo do Foxo, en dous tramos: o que vai do quilómetro 0 ata o 1 e do 11,240 ao 14,917. Esta vía provincial comunica as parroquias de Bravos, Ambosores e Sixto.

A terceira estrada é a LU-P-6406, que vai dende Cristo da Portapena ata Ponte Segade. Neste caso, son os 200 primeiros metros de vía, que presenta estragos. Amañarase tamén a LU-P-3808 de Foxo a Portapena, nun tramo de case 3 quilómetros, entre os puntos 0 e 2,67. O prazo de execución previsto para o conxunto das actuacións é de 6 meses.

“Seguimos demostrando que unha da prioridades deste Goberno é a mellora das comunicacións. Cremos que unha boa rede de estradas é fundamental para o equilibrio territorial e para o desenvolvemento do rural, porque axuda a fixar poboación e a achegar os servizos. Ademais, en tempos de crise, a obra pública pode e debe actuar como un motor que incentive a actividade económica e que axude a manter ou crear emprego”, subliña o Presidente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com